trailseries.run
novena edición do trail series
RENOVADO POR COMPLETO: todos os recorridos son novos! Nesta edición as novidades non chegan polo sistema de clasificación, por incorporar máis distancias, ou por ter tamén a posibilidade de facelo en "andaina". Agora tócalle aos recorridos. Sabemos que moitos dos que xa estaban, vos gustaban moito; pero tamén sabemos que botávades en falta algunha proba mítica e habitual dos Trail Series, e aquí está de novo: o Trail de San Isidro. Mesmo emplazamento para as outras dúas probas, pero en lugares e sitios totalmente distintos aos anteriores: Porto do Son e Outes.
trail series 2023
A primeira parada desta edición será en Porto do Son, na parroquia de Xuño, donde será a saida e a chegada pero que che levará por unha zona completamente do territorio sonense, ata a espetacular Fervenza da Madanela. Pero ahí non se acaba o mellor da carreira, porque che queda a subida ao Graiade: e qué subida! de esas que che deixan imaxes na retina dun verdadeiro paraiso natural. A chegada asegurámosche que será todo un regalo para os sentidos: o mar, a praia, a ponte, o río, e sendas e camiños únicos.
TRAIL DA ponte
Trasladamos a saida e a chegada ao casco urbano do concello de Outes, porque ano a ano, esta proba vai ofrecendo algo máis, e tócalle ter unha saida "urbana" con todo o público e afición insuflando ánimos aos participantes.
Pero non se queda ahí, chegarán os cortalumes infinitos que sempre atopamos nos terrenos de Outes, a senda a carón do rio, o cumio do Castelo, e as fragas e bosques que tanto nos gustan.
Seguro que non che defrauda
TRAIL DE OUTES
Botábase en falta e xa está de novo nos Trail Series. Pouco se pode dicir do Trail de San Isidro: que é bonita, que é técnica, que ten desnivel, que ten unhas paisaxes de deixache ca boca aberta, e que che vai costar acabala. Pero ao rematar, vas a pedirnos que siga no circuito!
Ten o encanto dunha carreira organizada nun lugar no que conta co apoio dos veciños, que a sinten como parte dos seus festexos, e eso nótase e moito! Para nós e para vós: aqui está de novo o Trail de San Isidro
TRAIL DE SAN ISIDRO
dónde vai ser a festa?
TRAIL e andaina
DA PONTE
Data: Domingo 28/1/2024
Hora: 10:30 h
SAIDA E CHEGADA: XUÑO (Porto do Son)
TRAIL e andaina
DE OUTES
Data: Domingo 17/3/2024
Hora: 10:30 h
SAIDA E CHEGADA: SERRA DE OUTES
TRAIL e andaina
DE SAN ISIDRO
Data: Domingo 26/5/2024
Hora: 10:00 h
SAIDA E CHEGADA: SAN ISIDRO (A Pobra do Caramiñal)
qué teño que saber do trail series 2024?
ORGANIZA AROUSA NEO - AROUSA.COM