Chega unha nova edición do Trail Series de Arousa NeO; esta vez con dúas probas: Trail de Outes, e o Xtosín Trail. Celebrándose no Freixo e en Portosín respectivamente.
Toma nota das datas: 25 de xaneiro e 22 de febreiro. As dúas no mesmo formato de 15 km e 21 km, á que se lle suma a andaina de tamén 15 km.

Datos ténicos do Trail de Outes

Trail de 15 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 15 kms
Desnivel – 800 mts+
Tempo maximo 3:00 h.

Trail de 21 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 21 kms
Desnivel – 1100 mts+
Tempo maximo 4:00 h.

Andaina 15 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 15 kms
Desnivel – 500 mts+
Tempo maximo 4:00 h.
Voltamos co Trail de Outes ao Freixo, saindo e chegando ao porto e que tan boas lembranzas nos trae da edición do ano 2022. E de novo a subida ao Tremuzo.
Dúas distancias que comparten gran parte do recorrido, non deixando nengunha delas nada deso que tanto vos gusta atrás: fragas, soutos, regatos, camiños e sendeiros. Deixámosche o perfil para que comprobes por tí mesm@ o que tes por diante.
Inscríbete aquí: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/trail-series-2026-trail-de-outes-xtosin-trail/inscripcion_datos/
Perfís

Trail Longo de 21 km e 1100 m+ de desnivel

Trail Curto de 15 km e 800 m+ de desnivel

Datos ténicos do Xtosín Trail

Trail de 15 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 15 kms
Desnivel – 750 mts+
Tempo maximo 3:00 h.

Trail de 21 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 21 kms
Desnivel – 980 mts+
Tempo maximo 4:00 h.

Andaina 15 km
Hora de saida – 9:30 h
Distancia – 15 kms
Desnivel – 500 mts+
Tempo maximo 4:00 h.
Tíñades gañas do Xtosín Trail e de novo retomamos unha das probas que tan bó sabor de boca deixou sempre n@s participantes do Trail Series dende os inicios. Repártese a dureza do recorrido cas espectaculares paisaxes nas que se combina mar e monte, santo e seña de identidade desta proba.
Abonados a esas subidas que parecen infinitas e que asemellan precipitarse sobre a ría de Muros-Noia, a incomparable ubicación de Portosín non deixa indiferente a ninguén.
Inscríbete aquí: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/trail-series-2026-trail-de-outes-xtosin-trail/inscripcion_datos/
Perfís

Trail Longo de 21 km e 950 m+ de desnivel

Trail Curto de 15 km e 750 m+ de desnivel
Inscricións
O prazo de inscrición ábrese o día 15 de decembro e péchase o 18 de xaneiro ás 23:59 h.
Para formalizar a inscrición proba a proba os prazos quedan como sigue:
- Trail da Outes: apertura o 15/12/2025 – peche 18/01/2026 ás 23:59 h.
- Xtosín Trail: apertura o 15/12/2025 – peche 15/02/2026 ás 23:59 h.
So levarán obsequio conmemorativo aqueles/as inscritos/as antes do 18/1/2026
- Podes inscribirte para o circuito no seguinte formulario: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/trail-series-2026-trail-de-outes-xtosin-trail/
Categorías
Establécense as seguintes categorías en función do ano de nacemento (non se ten en conta o día nin o mes, só o ano):
- Menores de 35 anos
- De 36 a 40 anos
- De 41 a 45 anos
- De 46 a 50 anos
- De 51 a 55 anos
- De 56 a 60 anos
- De 61 a 65 anos
- Maiores de 65 anos
Premios por distancia
Recibirán trofeo os/as participantes nos Trails (e non son acumulativos):
- @s tres primeiros da xeral individual
- @s primeir@s de cada categoría
- Os tres primeiros equipos
- Trofeo especial ao equipo máis numeroso
- A entrega de trofeos realizarase 5 minutos despois do peche da carreira (ver a ficha técnica da proba) nun espazo habilitado preto da liña de meta.
- Se un/unha premiad@ non recolle o trofeo que lle corresponda, perde o dereito a reclamalo con posterioridade.
- Se a organización o considera necesario solicitará xustificar documentalmente a idade e condición dos atletas para poder acceder aos premios.
Premios do circuito Trail Series
Recibirán trofeo por distancia (curta ou longa):
- @s tres primeir@s da clasificación xeral
- Os dous primeiros equipos equipos da clasificación xeral
- Primeir@ de cada unha das categorías (estes trofeos NON serán acumulativos)
Prezos
- O importe para cada distancia é de:
- 20 € para o trail de 21km
- 15 € para o trail de 15 km
- 8 € para a andaina.
- O importe por anotarse para ás dúas probas do circuíto é de 25 € por persoa para participar nas probas curtas, e 35 € por persoa para participar en todas as probas longas, incluindo camiseta conmemorativa do circuito.
- Na modalidade de andaina só se permite inscrición individual para cada proba por separado.
- Cada participante terá un chip e un dorsal que se lle entregará o día da proba, o chip debe ser devolto unha vez finalizada a carreira. Non devolvelo implicará o abono de 10 € en concepto de penalización.
- Aquel@s que se anoten antes do 3 de marzo para os trails terán dereito a obsequio conmemorativo que se entregará xunto co dorsal.
Regulamento
Multimedia
Contacto
Si queres ampliar información ou calquer consulta podes escribirnos a:
